martes, 14 de abril de 2020


BENVIDOS AO 3º TRIMESTRE!!!!

       Comezamos a derradeira etapa  deste curso e como vedes continuamos coa teledocencia. Nesta semana continuaremos cos blogs como ata agora, publicando os traballos semanalmente pero axiña imos vivir unha  aventura cunha nova ferramenta de traballo a través da AULA VIRTUAL. Así podremos vernos desde a distancia...pero algo é algo, porque non sei vós ... pero as vosas profes
votámosvos moitísimo de menos.

      O venres recibiredes por Abalar as contrasinais para acceder a esta Aula V.  así como as claves para os libros virtuais. Se tendes dúbidas podedes chamar ó cole.

viernes, 3 de abril de 2020

FELIZ SEMANA SANTA!

 Desexámosvos que pasedes unhas boas vacacións de Semana Santa! A pesar de estar confinados, desexamos que esteades felices! Non deixedes de sorrir. Para que poidades viaxar dende casa e manter viva a vosa imaxinación aquí vos deixamos dúas opcións:

Ademais,  lembrade que non hai mellor forma de viaxar que un libro.
Na seguinte enlace toparedes Radiocontos, unha forma distinta de coñecer historias:

lunes, 30 de marzo de 2020

Ola líderes verdes!!!! cómo estades??
Pensamos que sodes uns valientes e que de seguro estaredes moi ben.
Como xa sabedes temos que seguir nas nosas casas e polo tanto continuar con esta liña de traballo en rede.Confiamos moito en vós e estamos seguras de que estades sendo moi responsables e organizando moi ben o voso tempo.
Debedes  traballar un pouco cada día e descansar os fins de semana e nas vacacións como cando íbamos ó cole.Os vosos pais serán os que vos revisen o ritmo de traballo diario , así como a calidade do mesmo. É moi importante que sexades constantes e responsables para evitar agobios posteriores.
Non olvidedes que si tendes dúbidas  nós estamos aquí, ó outro lado , pendentes de vós  a través do apartado" comentarios"para axudarvos todo o posible.
 Estamos vivindo unha experiencia moi difícil pero entre tod@s imos a superala.Moitos bicos.