Lingua


Bo día, rapaces e rapazas! Lembrade continuar coa tarefa de escribir o voso diario, ou “caderno de bitácora” como se di na linguaxe mariñeira, seguindo as pautas que os estivemos marcando. A algúns de vós cústavos falar en lingua galega... Se queredes saber un truco para mellorar, non hai mellor aprendizaxe que empregala para falar de cousas cotiás. 

Unha boa forma de aprender as normas de ortografía e gramática é empregalas para falar de cousas importantes para ti, como esas que escribes no teu diario.

Outra forma de mellorar estupenda e sinxela é ler. Aquí tendes dous libros que vos poden resultar moi divertidos, pinchade sobre eles para atopalos:


Unha xigante aperta virtual!









Bo día! Como están a quedar eses diarios? Lembrade que os aspectos que axudan a que un escrito estea  ben son:

  • Unha boa e ordenada presentación e unha letra coidada.
  • Expresar correctamente as ideas, utilizando as palabras máis axeitadas.
  • Seguir as normas de ortografía e gramática, revisar e corrixir os erros.
  • Escribir con entusiasmo, transmitindo aquilo que é importante para ti.


Hai outro truco que nos pode axudar a escribir mellor, consiste sinxelamente en ler moito! Cada vez que lemos estamos aprendendo: formas de comunicar interesantes, normas de ortografía, novo vocabulario, como unir as palabras con corrección... E moitas cousas máis, pero o máis importante é que nos achega a outros mundos! E a outros universos!

Leo Na Casa
A Editorial Galaxia organiza un concurso para vós, os nenos/as, sobre a lectura nestes días de confinamento. Podedes participar seguindo as instrucións que atoparedes pinchando aquí.














Temos moita pena porque non puidemos organizar máis excursións. Aínda así, coas tecnoloxías hai visitas que se poden facer dende a casa. Aquí vos propomos unha visita ao “Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra”, como este ano non o puideron rematar, podémolo visitar virtualmente. O atoparedes pinchando no seguinte enlace:

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/






¿Como vai ese diario? Cando voltemos ás clases poderemos compartilos xuntos. Lembrade escribir un pouquiño cada día, non fai falla que sexa moito, o ideal é que poñades o que foi máis importante do día ou o que máis vos chamou a atención. Podedes acompañalo con debuxos, letras bonitas, recortes, reciclando materiais, con cores... Podedes atopar algunhas ideas para decoralo pinchando aquí. 

 Esperamos que queden moi ben :)












Escribe un diario na nosa lingua durante estes días.


Se tendes algunha dúbida sobre o significado dunha palabra podedes atopar un bo dicionario online pinchando aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario