Estimadas familias:
Seguindo as instrucións da Consellería en relación a esta situación de emerxencia, o profesorado publicará actividades relacionadas cos contidos curriculares que o alumnado debe realizar na súa casa, a través dun ordenador, tablet ou móvil.
O blog de cada nivel educativo incluirá acceso a todas as materias onde se atopan as diferentes tarefas.
Apelamos á responsabilidade dos pais/nais e titores/as e valoramos moi positivamente a súa colaboración durante este inusual período.
Moitas grazas
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario